Blog de la Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica

viernes, 18 de diciembre de 2020

𝓒𝓪𝓶𝓲𝓵𝓸 𝓭𝓮 𝓓𝓲𝓸𝓼, un ano orfos de guerrilleiros en Galicia

A historia de Camilo comeza en Sandiás, un pobo de Ourense en 1932. Fillo dunha familia acomodada, de pais militantes no PC, verá como a súa casa e os seus bens son requisados pola falanxe no golpe de estado do 36.


Recordaba ter conciencia política dende os 12 anos, e tanto el como a súa familia empezan a colaborar cos fuxidos no monte, motivo polo que súa nai recibiu moitos golpes da Garda Civil. Seu pai morrera en 1943.


Integrase nas Juventudes Socialistas Unificadas, empuxado polo seu irmán Perfecto de Dios, e encargarase de organizar ás de Ourense, pero pronto, verase obrigado a botarse o monte. Corría o ano 1947 e tiña 15 anos.

¿Medo? Non, non, por que a xuventude é moi inconsciente, nos polo menos eramos inconscientes de todo, parecíanos que tendo unha pistola, unha metralleta e un par de bombas eras o rei do mundo, que non había quen se metera contigo”.

No monte, estaban organizados en grupos de cinco ou seis, a vida transcorría con moitas dificultades, pero tiñan axudas de xente de todo tipo.

https://memoriadocarcere.com/2017/10/10/a-vida-na-guerrilla/

De feito, na guerrilla había unha convivencia entre comunistas e socialistas “nunca había discusións entre nos, os obxectivos eran Franco e a República” rememoraba anos despois o propio Camilo. Formou parte do grupo que en 1948 asaltou o cárcere de Coruña para tentar liberar “a toda costa”; a José Gómez Gayoso (secretario do PC) e Antonio Seoane (Xefe da IV agrupación do exercito guerrilleiro) non o conseguiron, pero saíron ilesos do lance.

Durante unha misión en Ourense, o 18 de marzo de 1949, é cercado pola Garda Civil. O seu camarada, José María Saavedra, ferido nunha man, pediulle que lle meterá un tiro antes de que o detiveran e o torturasen, Camilo pasoulle a pistola, e Saavedra disparouse. Camilo sentiu que algo lle golpeou a cabeza e perdeu o coñecemento. Foi detido e entregado a Garda Civil, onde estivo “durante 59 días” con grilletes en pes e mans, atado o seu compañeiro Antonio Pérez Barreiro. 

Neses interminables días, sufriu todo tipo de torturas: golpes, arrincáronlle as uñas varias veces, cortes nas mans “para ver se os roxos tiñan o sangue como os demais”, buratos cos lápices, a escuras e sen comida. As cicatrices eran visibles anos despois.

“O que pensaba era que me ían matar. Estaba desexando que o fixeran” “tanto é así que faltabas os gardas, os xefes, faltabas coa sua nai, con toda su familia, a ver se algun se desesperaba de faltarlle tanto e che pegaba un tiro dunha puñetera vez” contaba Camilo sobre eses días.  “Por que sabías que o final ía ser a pena de morte. Entón, non pensabas máis ca en iso, en morrer, e canto antes, mellor” “ademais, ata o recibiriamos, creo que con verdadeira satisfacción” Tiña 17 anos.

O 16 de maio foi trasladado o cárcere da Coruña, onde pasou 3 meses incomunicado “A primeira impresión foi marabillosa. Non entrou ninguén. Púidenme deitar despois de tres meses...Eu estaba afeito a cear a paos".

https://memoriadocarcere.com/2019/08/16/impresions-na-chegada-o-carcere/


Posteriormente é trasladado a galería de “sociais” (presos políticos) onde recibe a comunicación de que está procesado e que a petición é de pena de norte.

https://memoriadocarcere.com/2019/04/29/esperando-na-cela-de-castigo/


“A min pedíronme por petición fiscal a pena de morte; as dúas penas de morte pediranllas a Antonio porque era maior de dezaoito anos, pero eu era menor e so pediron unha. Foron moi humanos” relata. No Consello de Guerra, celebrado no cuartel de Infantería Isabel A Católica, na calle da Torre de Coruña, conmutáronlle a pena de morte por 30 anos de condena, pola súa minoría de idade; o documento de Madrid chegaría o 10 de febreiro de 1950.

No cárcere de Coruña, reencontraríase con José María Saavedra, quen sobreviviu o disparo, pero estaba condenado a morte, e foi executado co garrote vil no cárcere; Camilo estivo con el a noite previa. Saavedra deixoulle cinco pesos e un reloxo. 


A vida no cárcere era moi triste, pasou moita fame e miseria, a comida era moi mala, pois apenas había un presuposto de 1,50 peseta por preso, e descontaban a luz, auga, roupa, manta e colchonetas, os condenados e enfermos tiñan un presuposto de 3 pesetas.


Os días facíanse eternos, dende a celda, pediu un libro e trouxéronlle o primeiro que atoparon “La vida de los topos”. “¡Que carallo me importaban a min as toupeiras se estaba farto de velas e de matar nelas nas leiras!” rememoraba anos despois.

Despois pediu outro que era máis interesante, pero non era o máis axeitado para ler en prisión, era sobre Concepción Arenal e sobre a vida dos presos. “O funcionario traía calquera cousa con follas”, dicía Camilo.

“Claro, non tiña que facer, e bueno, tiña un lapis, tiña un lapis e unha libreta e ía facendo e... versos, nin eran versos nin eran nada, era o que se me ocorría a min, das miñas añoranzas como labrador.” Relataba anos despois sobre este poema que escribiu no cárcere:

Dende Coruña, foi levado a El Dueso (Cantabria), onde podía ter un terreo para cultivar, e onde se enterou da morte do seu irmán Perfecto, abatido pola Garda Civil, e do encarceramento da súa nai. Pasou tamén por Palencia, Segovia, Carabanchel e Alcalá.


De alí en 1957, de novo a Segovia, onde exhausto e enfermo, foi ingresado en Cuéllar no hospital penitenciario cunha pulmonía, froito da fame e do frío.


Saíu da prisión de Yeserías o 11 de maio de 1959, con 27 anos. O primeiro que fixo foi facerse un traxe. Despois marchou a colaborar con Paco Martínez Salve no Pozo de Tío Raimundo en Madrid, e traballou de encadernador.

Volveu a Sandiás e seguiu en actividades políticas e sociais, organizando as Comisións Campesiñas e reorganizando o PCE da provincia de Ourense. Colaborou na campaña Non pagar para rexeitar a cuota sindical agraria. Foi de novo ao cárcere en 1971 xunto con Manuel Peña Rey e Carlos Barros pola protesta; saíron en liberdade, “pero en liberdade condicional”, e leváronos a Madrid, o Tribunal de Orde Público.

“En Madrid estábanos esperando, estudantes, xente do partido mesturada cos estudantes. Metéronos a todos nos tribunais a ombros” “Eu tiña golpes en varios sitios (…) procesaron os policías, pero claro, veu o indulto e saímos todos” Tiña unha petición de 12 anos. Foi tamén concelleiro en Sandiás e Xinzo de Limia.

Camilo comprometeuse a recuperar o corpo do seu irmán Perfecto, 65 años despois, grazas a Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica conseguiu exhum ar os restos grazas aos 6.000 euros aportados por lo sindicato noruego Elogit.


En 2016 Camilo de Dios recibiu na Coruña a distinción como Republicano de Honra 2016 coa que a Comisión por la Recuperación de la Memoria Histórica de A Coruña (CRMHC) quixo render homenaxe ao conxunto do Movimiento Guerrillero Gallego. Finalmente, no mes de Decembro de 2019, falecía en Sandiás os 86 anos, deixando un enorme baleiro nas vidas de todas as persoas que o coñecían.

Resulta interesante recordar unha frase que dixo ao ser distinguido coma Republicano de Honra “ a guerrilla non derrotou a Franco, pero foi a única oposición organizada e democráticas durante tres lustros”. “Algo creo que fixemos:”



GRAZAS CAMILO








______________________________________________________________________

Si quieres apoyar a la Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica