Blog de la Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica

viernes, 6 de febrero de 2026

ACTO DE HOMENAXE AOS TRES DEPORTADOS DE AS NOGAIS (LUGO): 7 DE FEBREIRO 11:00 HORAS CASA DO CONCELLO

Asociación Para  a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) e o concello De As Nogais  e  convocan á  homenaxe a Octavio López Reymóndez,  Balbino Santín Aira  e Liberio Valín García,  vítimas dos campos nazis.

Co gallo do  27  de xaneiro  “Día  en Memoria das Vítimas do Holocausto” vaise  realizar unha homenaxe a varios  deportados lucenses , vítimas en campos nazis. Esta homenaxe consistirá na colocación de placas de memoria “stolpersteine” nos lugares onde naceron ou viviron os deportados.

O sábado  día  7 de febrero  terá lugar o acto de colocación dos stolpersteine  en homenaxe a Octavio López Reymóndez,  Balbino Santín Aira e  Liberio Valín García vítimas no campo nazi de Mauthausen e oriundos de As Nogais.


11 h. Charla informativa  no salón de plenos do ConcellO de As Nogais

12 h. Acto de homenaxe diante da Casa  do Concello de As Nogais.

Participarán: Jesús Manuel Núñez, alcalde de As Nogais,  Miguel Freire voceiro da ARMH, Isaac Santín, sobriño neto de Balbino Santín Aira, Marisol  Castro neta de Octavio López Reymondez,  representante de familiares de Liberio Valín García e o grupo musical Abrente.

Rematará o acto cunha interpretación dos  bisnetos e tataranetos de Octavio López Reymondez " A prole de Octavio" Aarón Ulloa, Raquel Santamaría, Antón,  Carmen Ulloa,  Aida Ulloa e Calros de Santos.

13:30 h Aperitivo de confraternidade  no bar Delicias.

16:30 h  Roteiro cara os lugares do concello  onde viviron os tres homenxeados.